Reversos


El colectivo LIBA ha realizado una intervención específica para el Museo de Lugo. Con un afán de dar a conocer la colección permanente desde distintas perspectivas, el colectivo ha elegido diferentes cuadros para ser descritos por algunos de los visitantes del museo, ocultando la cara principal y aportando la voz descriptiva del espectador, dejando así que el nuevo visitante recree, mediante su imaginación, algunas de las pinturas más representativas o no de la colección. La muestra se completa con una publicación.





















Nunca me miras alí onde te
vexo. (...) O que miro nunca
é o que quero ver

Jean Jacques Lacan

Investigar os procesos da mirada
derivando o óptico cara ao háptico,
cara a todas aquelas sensacións non
visuais que experimenta un individuo
é o principal obxectivo do proxecto
Reversos. Quizais esteamos demasiado
acostumados a percorrer as salas
dos museos buscando estímulos
visuais en clave formalista: beleza,
cor, composición, trazo… por este
motivo, LIBA propón un desprazamento
contextual das obras incidindo na
recepción das imaxes e en todas aquelas
experiencias que constrúen as pezas
máis alá do marco e a peaña, expandindo
cada pintura, e incluso o museo
mesmo, como entes vivos inspiradores
e desexosos, narradores silenciosos de
intrahistorias construídas baseándose
nas experiencias vitais dos que miran.

Nesta exposición explórase o reversal
dun modo poliédrico. Por un lado, o
concepto de reversibilidade, no seu
sentido máis explícito da non-visión do
anverso, mera ocultación; por outro,
o reverso como símbolo de todas as
situacións que se relacionan co acto
creador e que se perden na exhibición
clásica: “o que o espectador mira
nunca é o que quere ver”. Introdúcese
o Principio do Museo como lugar da
antivisión, como lugar de experiencias
subxectivas que constrúen un “museo
imaxinario”, remitíndonos a Malraux,
un metamuseo latente dentro do
espazo físico e obxectivo do museo
mesmo; pero ademais, propoñemos
este concepto como estratexia reactiva
ante o zeitgeist cultural en que vivimos,
outras formas de experimentar
e transmitir as obras de arte.

Neste contexto, o Laboratorio de
Investigación en Belas Artes (LIBA)
presenta catro estratexias de narración
en diferentes salas do museo: por
un lado a descrición da obra de arte
delimitando outro camiño cara ao Real,
unha nova invitación á reinterpretación e
imaxinación do subconsciente do ideario
colectivo; unha substitución dunha
obra pola súa visión contemporánea
in tempore como aquilo que “fai
tanxible a permanencia”, que codifica a
evolución como historia; a recolocación
e translación metafórica a través da
instalación sonora ou a descrición
fragmentada dunha situación narrada.
En calquera caso, o feito de simular
ou substituír un procedemento, imaxe
ou concepto implica que certa forma
aurática se recupera, non como
orixinalidade senón como unha
especie de metalinguaxe poética.

Reversos supón outro modo de ver
e entender as obras de arte, unha
invitación á imaxinación a través da
frustración da preeminencia visual;
extensións dun significado que non xorde
ex nihilo, senón que se engade, como se
adhiren as diferentes capas de realidade,
á nosa significación do mundo.

María Marco e María Magán