roteiro de creación

Hola a todos, cuelgo esta propuesta del roteiro porque igual nos interesan algunos puntos b y c,ya que disponen de un espacio muy grande (que no saben cómo llenar!), salut y bon any a tothom**.


p.d.-hay que enviarlo para el 10 de enero así que podemos hablarlo aquí en el blog.




CONVOCATORIA de PROPOSTAS

ROTEIRO DE CREACION 2009

ROTEIRO DE CREACIÓN INVITA E CONVOCA Á PARTICIPACIÓN NA SÚA 3ª EDICIÓN, QUE SE REALIZARÁ NO MES DE XUÑO DE 2009.

A equipa do Roteiro xa está a traballar con fin de acadar o apoio de patrocinadores e maiores colaboracións das institucións a nivel de presuposto para desenvolver o seu calendario de actividades.

Para lograr este obxectivo tense creado L.C.A. (Laboratorio de Colaboración Artística), asociación cultural sen ánimo de lucro, inscrita baixo o Nº 2008/012429-1 (SC) que servirá de plataforma para numerosas actividades cos beneficios institucionais e fiscais imprescindibles para continuar crecendo.

O propósito desta convocatoria é a presentación de actividades "complementarias" ao circuíto de visitas núcleo do Roteiro, coa suficiente antelación para poder incluílas no presuposto e configurar un organigrama de intervencións e a obtención dos recursos necesarios.

A tipoloxía de eventos é simplemente ilustrativa, sen máis límites que a imaxinación de cada interesado.

A convocatoria para a participación nas xornadas de portas abertas dos creadores residentes en Santiago farase a principios de 2009, así como a preparación dun posible segundo catalogo "Latexos artísticos da cidade".

Os que aínda non coñecen o concepto e funcionamento do Roteiro, poderán consultar, ao final do documento, os obxectivos do proxecto. Ademais, visitando a páxina web, poderán ver as repercusións do evento en canto a visibilidade dos artistas e a súa obra, tanto por parte da cidadanía como dos medios de comunicación.

PROGRAMACIÓN TENTAVIVA DE ACTIVIDADES (Tipoloxías)

A Cursos monográficos (adultos/nenos): Poderá realizarse no propio taller do artista, ou espazos alternativos (bibliotecas/centro sociocultural).

B Intervencións a gran escala para o Espazo de Intervención de Santa Isabel (dosier de fotos do espazo dispoñible).

C Intervencións participativas en espazos públicos (prazas/ parques/xardíns): esculturas móbiles/efémeras, performances, etc.

D Inside-out: Intervencións desde balcóns, galerías ou terrazas cara a rúa durante as 2 semanas do evento: proxeccións, pintura, escultura, performances, etc., en espazos privados, propios ou alleos.

E Performances, accións en directo.

F Vídeo creacións (mostra colectiva en interior ou proxección exterior)

G Charlas, debates

H Deseño de artigos de merchandising (camisetas, postais, cadernos, etc.) * Proximamente enviaranse condicións de participación.

I Outras propostas

PARTICIPACIÓN

A apertura participativa que rexe o funcionamento do evento esixe como contrapartida dos creadores un alto compromiso e seriedade profesional. A selección de proxectos por parte da organización, realizarase mediante a avaliación da completa e puntual presentación dos dosiers, para evitar cambios e imprevistos de última hora que complican a súa execución e posibilidades loxísticas.

Tendo en conta que o Roteiro é practicamente autoxestionado, actuará como punto para a organización, encontro e execución dos proxectos, aínda que non se cubran (en principio) de maneira directa os gastos económicos asociados á realización das accións. A organización si actuará como interlocutora para representar aos artistas e xestionar apoios e colaboracións tendentes a súa concreción.

Tamén poderá enviar cartas de participación aos inscritos que o soliciten, para que os mesmos poidan xestionar os seus propios patrocinios.

Os interesad@s en participar deberán remitir antes do 10 de xaneiro de 2009 a seguinte información no documento adxunto por correo electrónico ou en formato CD a :

roteiropropuestas@gmail.com

ROTEIRO DE CREACIÓN

Rúa Loureiros 1, 2º

15705 Santiago de Compostela

Para máis información:

roteirosantiago@gmail.com ou nos teléfonos 659 22 37 41 (María) e 686 38 55 81 (Reina)



www.roteirocreacion.com