O ollo na rúa. Sinais de identidade


A quien le pueda interesar:
25-28 febreiro 2009


Hai moito tempo que os emblemas da baixa cultura ingresaron nas salas dos museos, e se amorearon como escorredoiros de botellas ou caixas de xabón en po, disputándolles espazos e opinións aos artefactos tradicionais da arte.Este taller experimental consiste nunha procura que é á vez mirada casual, descrición, taxonomía e tamén un intento formal de experimentar a reciclaxe como método para o deseño dun repertorio de signos tipográficos. A cidade, a gran cidade –complexa, inxusta, gratificante– é a base de datos.A través dela, un enxame de escrutadores á caza de letras. O ollo na rúa. Ollo intencionado, ávido de encontros, que destila instintos visuais en cada toma fotográfica, que leva a cabo o postulado picassiano do “eu non busco, encontro”. Dinámica do achado, do inesperado.Un ollo recolector de signos, un organizador para a tribo, a tribo tipográfica.Chapa e neons, aerosol e pedra incisa. Diúrnas e nocturnas. Diferentes materiais e soportes reescriben o alfabeto, fan dos signos cousas. A mirada fotográfica capta e distorsiona, garda trazos e esquece outros. Apropiación a través da imaxe, que se converte en orixe visual dun novo signo. Proceso, de deseño, inverso, indutivo, no que as leis se elaboran a partir dos feitos. Clasificar, comparar, atopar compatibilidades. Experimentar nunha contorna propia, a cidade. Cada alumno tenta a súa tribo. Cada tribo é un relato de intuicións crecentes, de probas e erros. Tamén de acertos e distraccións.Signos e imaxes, que tamén son signos. Intervención. Diálogo ideográfico entre a fotografía e o deseño, entre a mirada urbana e a fala urbana. Un texto feito de voces persoais, de citas de autores favoritos, de ollos atentos ao detalle e doutros fascinados polos grandes relatos. Un banco de probas para testar fontes experimentais, para permitirse escribir segundo canons privados, cada autor exhibindo o seu idioma local feito de retrincos do todo. A era dixital devólvenos, paradoxalmente, a posibilidade –o pracer– de cuñaros nosos códigos de escritura propios, reconvertendo o motor da galaxia Gutenberg, a tipografía, nun medio de comunicación e expresión individual, como os trazos inimitables de cada man, como o ton dunha voz. Bitácora dunha viaxe urbana á procura de novas especies do tipográfico, invitación a unha mirada non obvia, tropezando cunha cuadrilla de signos que traballan, sorprendidos no seu milenario oficio: escribir as palabras da humanidade.Enrique Longinotti e Hernán Ordóñez
Horario16:00 a 21:00 h
Este taller é unha coprodución do CGAC e a DAG (Asociación Galega de Deseñadores) no marco de Proxecto-Edición.Dirección: Enrique Longinotti e Hernán OrdóñezCoordinación CGAC: Virginia VillarCoordinación DAG: Fabián Ben