III - ORGANIZACIÓN DE CONGRESOS, XORNADAS, OUTRAS REUNIÓNS CIENTÍFICAS E SEMINARIOS DE INVESTIGACIÓN

1.- OBXECTIVOS
Estimular a organización de congresos científicos sobre problemas especializados
concretos, que permitan o intercambio de coñecementos entre especialistas, españois ou
estranxeiros, sempre que se cumpra o requisito imprescindible de que se presenten e
defendan traballos científicos orixinais que deberán ser publicados nun libro de actas.
Tamén poderán presentarse a esta convocatoria reunións de traballo, debate, talleres,
seminarios, e laboratorios en calquera ámbito da investigación ou da creación artística na
Universidade de Vigo, sendo requisito imprescindible contar con investigadores alleos á
Universidade de Vigo. Neste caso, a subvención irá dirixida ó financiamento parcial dos
gastos de viaxe e estadía.
2.- PARTIDA PRESUPOSTARIA
Estas axudas financiaranse con cargo á partida presupostaria 0022 122I 641.05 Reunións
científicas.
3.- BASES DA CONVOCATORIA
1.- Os Congresos deberán celebrarse nos anos 2008 ou 2009; as restantes reunións
cientificas (xornadas, seminarios, etc) deberán celebrarse no presente ano..
2.- Valorarase positivamente que o "Coordinador" sexa un profesor da Universidade de
Vigo.
3.- Valorarase positivamente a continuidade dos Congresos.
4.- Valorarase especialmente a internacionalidade dos Congresos.
5.- Darase prioridade ás solicitudes para realizar os congresos nas provincias de Ourense ou
Pontevedra.
6.- Cando se publiquen as Actas do Congreso figurarán nas mesmas o escudo da
Universidade de Vigo.
7.- Só poderá solicitarse unha axuda por reunión científica.
4.- PRAZO DE PRESENTACIÓN
Esta convocatoria permanecerá aberta ata o 31 de outubro de 2008.
5.- SOLICITANTES
Os investigadores da Universidade de Vigo.
6.- FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes en modelo normalizado III dirixiranse ao Sr. Reitor da Universidade de Vigo
achegando a seguinte documentación:
Memoria económica e científica xustificativa da reunión.
Relación dos membros do Comité Organizador e/ou Comité Científico de selo caso. •
Programa provisional no que conste a relación prevista de conferenciantes convidados e as
actividades que se van realizar.
• Indicar, se é o caso, os ingresos por cotas de inscrición, e outros ingresos.
Departamentos ou Institutos:
Informe, aprobado polo Consello de Departamento ou Instituto, no que se acredite o
interese do Congreso.
Grupos de Investigación:
Breve resumo da investigación que está a realizar indicando o financiamento co que conta
e o interese do Congreso.
7.- NATUREZA E CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS
As axudas consistirán nunha subvención que en ningún caso superará a cantidade de 5.000
€ no caso de congresos internacionais, 3.000 € no caso de congresos estatais e 1.500 € no
caso dos restantes tipos de xuntanza. Naquelas axudas que únicamente teñan recoñecido
gastos de viaxe e estadía, as contías máximas estarán acotadas de acordo coa seguinte táboa:
1.- Estadía: 66 € por día completo e investigador invitado.
2.- Desprazamento:
• Desde a Península Ibérica e Baleares: 240 €
• Desde a Comunidade Autónoma de Canarias: 420 €
• Desde Europa e Hemisferio Norteafricano: 500 €
• Desde o resto do mundo: 720 €
• Desde a Comunidade Autónoma de Galicia: 75 €

8.- OBRIGAS DO BENEFICIARIO
O organizador fará constar en toda a información e documentación do congreso a
colaboración prestada polo Vicerreitorado de Investigación da Universidade de Vigo.
Dentro do mes seguinte ao remate do encontro entregarase informe final á Vicerreitoría de
Investigación. O non cumprimento deste requisito comportará a automática renuncia para
os efectos do reintegro da subvención concedida.
A concesión farase efectiva aperturando unha aplicación orzamentaria no centro ao que
estea adscrito o investigador principal/Departamento/Instituto solicitante.

V.B – AXUDAS PARA A REALIZACIÓN, COMISARIADO E
MONTAXE DE EXPOSICIÓNS
1.- OBXECTIVOS
Apoio ao desenvolvemento da investigación no eido da creación artística.
2.- PARTIDA PRESUPOSTARIA
Estas axudas financiaranse con cargo á partida presupostaria 0022 122I 641.05 Reunións
Científicas.
3.- SOLICITANTES
Poderán formular solicitudes aqueles grupos de investigación que teñan como un dos seus
posibles resultados a realización ou montaxe dunha exposición da(s) obra(s) creativa(s) que
teñan lugar este ano. Cada grupo poderá presentar unha solicitude por ano.
4.- FORMULACIÓN DAS SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As solicitudes en modelo normalizado V-B, dirixiranse ao Sr. Reitor da Universidade de
Vigo e poderán presentarse ata o 30 de abril de 2008.
5.- AVALIACIÓN E SELECCIÓN
A Comisión de investigación avaliará e seleccionará as solicitudes presentadas de acordo
cos seguintes criterios:
- Producción científica do grupo solicitante acreditado no RIGA.
- Concesións previas de axudas en anos anteriores.
6.- CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS
As subvencións concedidas non superarán a cantidade de 3.000 €.