roteiro en esta-do crítico: “os productores cul-turais reflexio-nan sobre as posibilidades do traballo creati-vo en tempos de crise...”

Miguel Anxo Rodriguez.

SANTIAGO DE COMPOSTELA, xuño de 2009

Artistas, deseñadores e outras persoas implicadas na producción e difusión da cultura, reuniranse nos primeiros días de xuño en Santiago de Compostela para reflexionar e debatir sobre as posibilidades do traballo creativo na sociedade actual. Coincidindo coa convocatoria anual de Roteiros de Creación, na que o público interesado pode entrar en estudios e talleres de creadores para conversar con eles e se informar dos seus ámbitos de traballo, plantexouse a posibilidade de establecer diálogos coa finalidade de resituar as definicións actuais sobre arte e creación -en xeral-, e plantexar modos de actuación e canles de difusión efectivos en tempos de crise.


Cada vez con máis forza se está a impoñer o concepto de ‘productor cultural’ e a nece-sidade de anular as fronteiras entre a alta e a baixa cultura, romper coas vellas xerar-quías”


Por unha banda, faise necesario repensar a figura do artista, e analizar se aínda ten vixencia a definición tradicional. Cada vez con máis forza se está a impoñer o concepto de “productor cultural” e a necesidade de anular as fronteiras entre a alta e a baixa cultura, romper coas vellas xerarquías.


Non estaría mal retomar as discusións de finais dos sesenta e anos setenta sobre a crítica institucional da arte e a “democratización creativa”: desde o “cada home, un artista” de Joseph Beuys, ata a producción de cartaces reivindicativos do maio do 68 francés, como forma de arte anónima. Retomar as ideas de Marcuse e os situacionistas sobre a necesidade de non manter á arte e a esfera creativa separadas da vida, nunha torre de marfil, senón que o xogo e a arte irrumpan nos ambientes da vida cotiá.


Nun mundo como o actual, rexido polas redes e a interconexión a tódolos ni-veis, e cunha importancia cada vez maior da idea de interdiscipinariedade... ata que punto é posible manter esta idea do creador como ser illado?



En relación con isto, é posible un maior grao de colaboración entre artistas? E entre artistas e empresas? Os tópicos sobre o artista sempre o presentan como creador singular de obxectos específicos e cun altísimo valor engadido, que vive pechado no seu mundo interior. Nun mundo como o actual, rexido polas redes e a interconexión a tódolos niveis, e cunha importancia cada vez maior da idea de interdiscipinariedade (no mundo da empresa, na innovación tecnolóxica, na investigación...), ata que punto é posible manter esta idea do creador como ser illado? Non será esta unha maneira de limitar posibles desenvolvementos? E a quen beneficia este illamento e a épica do creador solitario? Ao artista? A galerías e museos?


Impónse unha reflexión sobre as posibles canles de difusión de productos culturais, que contemplen outros formatos e outros medios de conectar coa xente, á marxe dos museos: revistas, internet, deseño de todo tipo de obxectos, ámbito do traballo, escolas, universidades, centros sociais, etc. O creador pode producir obras de arte, obxectos de deseño, coñecemento, experiencias... Do diálogo e confrontación entre productores culturais que se moven en esferas distintas deberían saír ideas sobre como abordar aos cidadáns, grupos ou colectivos e levar a creatividade ás súas vidas.


E finalmente, nestes tempos de crise, faise necesario repensar a función da arte nas sociedades: que lle poden ofrecer os creadores á sociedade? De que forma enriquecer a vida da xente? E a que xente? Faise acuciante un debate que centre a cuestión sobre a quen se dirixe o traballo dos “productores culturais”. Faise, de novo, necesario repensar a función do creador e desprazar o debate desde a reflexión sobre as necesidades de promoción á que se interesa no servizo que a arte pode proporcionar aos cidadáns. Por que a arte e a creación poden ser útiles ás persoas?



Encontros e grupos de traballo


Roteiro en estado crítico terá dúas sedes, nas que se se dividirán as actividades. Os encontros e debates en relación ás novas posibilidades da producción cultural terán lugar no Centro Socio-Cultural do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado...), e os grupos de traballo sobre producción e xestión da arte contemporánea no local do colectivo Baleiro (Facultade de Filoloxía da USC).



Coordinadores: Teófila Noemí Ruiz, Miguel Anxo Rodríguez, grupo LIBA, Baleiro.


Programa......................................


1 COMO PRODUCIR CULTURA, QUE FACER, NESTES TEMPOS DE CRISE?

2 COMO CHEGAMOS Á XENTE? A responsabilidade do creador.

3 ANÁLISE DA XESTIÓN E PRODUCCIÓN DE ARTE CONTEM-PORÁNEA: DINÁMICAS E PROBLE-MAS. Baleiro (colectivo de crítica e producción artística), LIBA (artistas alumnos de doutoramento de BB AA)...

4 ANÁLISE DA XESTIÓN E PRODUCCIÓN DE ARTE CONTEM-PORÁNEA: SOLUCIÓNS. Baleiro (colectivo de crítica e producción artística), LIBA (artistas alumnos de doutoramento de BB AA)...