Arte feita en Iberoamérica

Exposición colectiva, estais todos invitados.

Case corenta artistas de España, México, Chile e Colombia exporán a partir do sábado en Ribeira. Baixo o título Encontro Iberoamericano de Arte Contemporánea, o sábado inaugurarase no auditorio municipal de Ribeira unha exposición composta por obras feitas por 37 creadores de España, México, Colombia e Chile. Xerardo Crusat, o técnico municipal de Cultura encargado da organización desta actividade, explicou que, nun primeiro momento, o obxectivo era que a exposición dera cabida a artistas que se encadraran no lema «novos soportes, novas miradas» pero, ante a inesperada participación de creadores iberoamericanos, decidiuse darlle unha nova dimensión.

Inauguración Sabado 2 a las 13:30 en el auditorio de Ribeira.